O Marín Futsal sofre, pero supera o Joventut D'Elx pola mínima

Por Redacción
O Marín Futsal regresou á senda da vitoria esta fin de semana tras superar, aínda que con sufrimento, o pechacancelas Joventut D'Elx a domicilio.
Adiantouse cun gol temperán o cadro de Ramiro Díaz, con Ceci realizando unha boa xogada persoal desde campo propio e bater a Ceci Moreno para facer o 0-1.
As visitantes estaban cómodas sobre a cancha, pero co paso dos minutos o Joventut e as boas actuacións baixo paus de Moreno víronse castigadas. Pero sobre todo cando Ceci marcou en propia porta no seu intento de despexar un centro chute de María, enviando o partido ao descanso nun 1-1 e deixando todo por decidir no segundo tempo.
Tras o paso polos vestiarios, o Marín saíu como un auténtico revulsivo en busca do tanto que lle devolvese a vantaxe no marcador, e tras unha xogada de estratexia en saque de banda, Pau batía por baixo á gardameta local e facía o 1-2.
Non se renderon en ningún momento as xogadoras de Elxe e gozaban dunha boa ocasión por parte de Aitana coa que puido devolver as táboas. Con todo, tanto Silvia Aguete como a defensa marinense non estaban dispostas a ceder e querían a vitoria custe o que custe, aínda que eran incapaces de sentenciar.
E sufriron, e moito, sobre todo cando o Joventut apostou polo xogo de cinco, pero aguantaron e aferráronse ao triunfo con uñas e dentes para sumar outros tres puntos que saben a ouro.
JOVENTUT D'ELX (1): Ceci Moreno; Aitana, Judit, Eli e María (quinteto inicial). Tamén xogaron, Peque, Maite, Sara Roelas, Sasha, Lydia.
MARÍN FUTSAL (2): Silvia Aguete; Ale de Paz, Ceci, Pau e Café (quinteto inicial). Tamén xogaron, María León, Lara Balseiro, Bea Mateos, Adri e Inés.
Incidencias: Carrús. Colexiados, Andreo Martínez e Miñano Martínez. Amoestaron a Judit no Joventut D’Elx.
Goles: 0-1, min. 3 Ceci. 1-1, min. 11 Ceci (propia porta). 1-2, min. 23 Pau.
Relacionadas:
-
Pase con sufrimento do Marín Futsal á fase final da Copa da Raíña (3-6)
Por Redacción |
-
Un Marín Futsal negado ante o gol cae contra o Amarelle no derbi galego (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Móstoles castiga a un Marín sen ideas (7-2)
Por Redacción |
-
O colíder Futsi Navalcarnero non dá opcións o Marín Futsal (0-4)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Cisne, a romper a súa mala serie en Valladolid nunha intensa fin de semana deportiva en Pontevedra
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar regresa a casa para enfrontarse o Rayo Majadahonda e o Marín Futsal viaxa a Elxe
Por Redacción |
-
Excesivo castigo para o Marín Futsal ante o líder Burela (1-5)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
'Coco' no sorteo de Copa para o Poio Pescamar e rival máis alcanzable para o Marín Futsal
Por Redacción |
-
Triunfo do Marín Futsal fronte ao Bisontes de Castellón (3-5) para seguir con vida na Copa da Raíña
Por Redacción |
-
O Marín rescata un punto contra o Alcorcón (1-1)
Por Redacción & Cristina Saiz |