
Alberto Boo e Rei Zentolo sóbense á moto da inclusión

Por Manu Otero
O piloto cambadés de 29 anos, que loita contra unha enfermidade que limita a súa mobilidade desde hai 7 anos, lanza unha mensaxe de integración e superación persoal: "Se cres que o podes facer, valo facer, mellor o peor, pero o importante é gozar"