As altas presións retiraranse lixeiramente cara ao leste e a presenza de aire frío nas capas medias e altas da atmosfera aumentará a inestabilidade durante esta xornada. Isto quere dicir que os ceos presentarán unha alternancia de nubes e claros, con chuvascos na maior parte de Galicia, sen descartar que sexan acompañados de aparato eléctrico. As temperaturas non terán cambios en xeral, aínda que as máximas na Mariña lucense aumentarán considerablemente xa que non teremos a influencia do nordés e descenderán na metade sur do territorio. Os ventos soprarán frouxos de compoñente sur.