Representantes de familias represaliadas abren as III Xornadas "Represaliadas e resistentes"

Por Redacción
A Casa das Campás acolle a partir deste xoves ás 19.00 horas as III Xornadas 'Represaliadas e resistentes', organizadas pola Concellaría de Patrimonio Histórico, e que teñen como obxectivo dar a coñecer a represión vivida polas mulleres, "as máis esquecidas dentro da memoria silenciada".
Nesta primeira sesión haberá unha mesa redonda que abrirá o investigador Xosé Álvarez Castro facendo un repaso ao acontecido na cidade a raíz do golpe de Estado de xullo do 36. Baixo o título 'Sobrevivir á represión e á ditadura' falarán tamén dúas mulleres pertencentes a familias represaliadas, Ramona Fariña e María do Carme Lores, que compartirán cos asistentes a súa visión do conflicto.
A xornalista Montse Fajardo tamén participará na mesa redonda para falar de historias de outros familiares de asasinados o 12 de novembro como Ramiro Paz, Germán Adrio ou José Adrio, de exiliados como Bibiano Fernández-Osorio Tafall ou de represaliados como os Gama.
PROGRAMA DAS XORNADAS
Venres 27 de marzo
- 19.00 horas: Conferencia de Montse Dopico. 'Semente de mudanzas'
- 20.00 horas: Proxección do documental 'La memoria de las olvidadas'
Sábado 28 de marzo
- 11.00 horas: Conferencia de Paula Godinho. 'Propiedade privada da história e "memórias fracas": a esquerda da esquerda e as revoltas da memória'.
- 11.45 horas: Relatorio de Aurora Rodrigues. 'Memoria da represión e da resistencia na Ditadura portuguesa'
- 12.15 horas: Relatorio de Pilar Allegue. 'Memoria da represión e da resistencia na Ditadura franquista'.
- Remate cun coloquio
As xornadas son gratuítas e non é preciso inscrición previa.
Relacionadas:
-
A historia oculta de Mourente ve a luz en 'Mourente nos anos do medo'
Por Redacción |
-
Vilagarcía fai memoria da represión franquista 80 anos despois
Por Redacción |
-
Pontevedra renderá homenaxe ás mulleres represaliadas e resistentes cun acto no Teatro Principal
Por Redacción |
-
'Un cesto de mazás', un libro para recuperar a memoria das vítimas evidentes do 36... e de todas as demais
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Unha exposición porá en primeiro plano a historia das mulleres de Pontevedra
Por Natalia Puga |
-
As mulleres, protagonistas da visita ao cemiterio de San Amaro
Por Redacción |
-
"Non se pode construír o futuro dun concello sobre a ocultación do pasado"
Por Redacción |
-
O Teatro Principal homenaxea os concelleiros e funcionarios represaliados na Ditadura
Por Redacción |
-
"Quixeron cambiar a sociedade cun xiz na man"
Por Redacción |